Dende tempos inmemoriables o ser humán foi asaltado
por preguntas difíciles de respostar.Preguntas que caprichosamente,
nalgúns casos, eran imposibles de rexeitar e incluso se convertían en
cuestións esenciais para a existencia.
Non nos é difícil imaginar aquela angustia que carcomía ós
pensantes das diferentes idades do home. De xeito, sufrimos un caso
deste tipo.A pregunta que nos asaltou foi
"¿Qué nome escoller?"
¡¡Ouh, que malos recordos!!, porque, ¿Cómo chamarlle a un
grupo de xente que cree na seriedade e importancia da sua labor?;
¿Cómo chamarlle a un grupo de xente que, por outro lado, lle gusta
máis a caballada que o viño o cura?;¿ como chamarlles, se lles
gusta o bo comer… e o bo beber…?; ¿e como? , se tocamos coma os
mesmos anxos.
O certo é que foi coma unha aparición. A dichosa desposta
Estaba nas mesmas preguntas. Como se algún "Ser superior"
quixera que nos parecésemos ¡¡ós curas!! O caso é que repasando
as nosas características era algo demasiado evidente. E mais, se nos
deixan, ata somos capaces de quitarllas penas a calquera.
Ese enigma foi o que nos levou a emprende-la nosa andaina polos
camiños de Galicia co nome dun cura célebre e polémico, ¡coma nos!
O Pai Apeles.
E sabéndonos iluminados, nunca estragámo-la ocasión para
Saudarlles moi atentamente, esperando a chamada para bendeci-las
Suas festas e de paso proba-lo viño novo que para todo hai tempo.
Charanga Apeles
|